Remata a construción dunha escollera nun camiño rural de Castromaior

TerraChaXa
Trátase dunha infraestrutura sólida para asegurar a estabilidade do camiño e evitar problemas de erosión
escollera-abadin-castromaior
2 sep 2024

O Concello de Abadín traballa en Castromaior para mellorar a infraestrutura viaria das parroquias coa construción dunha escollera.

Trátase dunha infraestrutura sólida para asegurar a estabilidade do camiño e evitar problemas de erosión. Ademais, realizouse o acondicionamento completo da pista que conecta A Arnela con As Paredes. "Agora, os veciños poden gozar dun acceso máis seguro e cómodo", explicou o alcalde, José María López Rancaño.

Segund engade, "todo este traballo realizouse respectando o entorno natural, asegurando que os regatos e correntes de auga poidan fluír sen interrupcións".

Tamén remataron as obras de ensanche, instalación de varandas e colocación de bolardos na ponte de acceso a Casas en Corvite.

0.15076899528503