Remata a segunda edición do torneo de pádel da Pastoriza

TerraChaXa
Organizaouse con intención de dinamizar a vida social da localidade e incentivar de paso o comercio local
segunda-edicion-torneo-padel-a-pastoriza
Foto de familia ao finalizar o torneo
24 Xuño 2024

A Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza puxo punto e final esta fin de semana á segunda edición do Torneo de Pádel, que se organizou con intención de dinamizar a vida social da localidade e incentivar de paso o comercio local.

Nesta segunda edición do torneo o primeiro posto da categoría masculina foi para a parella formada por Diego e Martín e na feminina Aroa e Carolina. En segundo lugar quedaron, respectivamente Iria e Sara e Verdejo e Ramiro.

Os gañadores recibiron un premio en metálico ademais de agasallos consistentes en queixo, viño e chourizos.

0.18603515625