Remata en Robra a VF Challenge MR de motociclismo

TerraChaXa | LugoXa
O circuíto de Robra, en Outeiro de Rei, despediu esta fin de semana a tempada de competición de motociclismo coa VF Challenge MR.
challenge moticiclismo outeiro
challenge moticiclismo outeiro
20 sep 2021

O circuíto de Robra, en Outeiro de Rei, despediu esta fin de semana a tempada de competición de motociclismo. Fíxoo acollendo a máis de 100 pilotos vindos desde Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal na VF Challenge MR, que ademais puntuaba para o Campionato Asturiano de Velocidade.

Nas categorías infantís, Iker Rodríguez (Porriño), actual campión de España de Minimotard 65cc, levaba a vitoria en minimotos e 65cc. En 110cc, Eduardo Torres conseguía, ademais da vitoria, facerse xa co título de Campión 2021 a falta dunha carreira aínda por disputar. En 85cc gañou o piloto de Outeiro de Rei Nicolás Barreiro.

En pitmotard adulto, Daniel Teijeira, Alejandro Fernández e Yeray Vazquez gañaban nas súas respectivas categorías. E en GP Sport, Marco Díaz (Caldas de Reis), que ademais levaba a vitoria en supermoto, e Angel Outerelo (Marín), facían o mesmo.

Gran xornada de motociclismo, que esquivou as previsións de choiva, a que se viviu no Outeiro de Rei, cuxa celebración continúa aínda sendo a porta pechada por motivos de protocolo de seguridade anticovid.

0.18162488937378