Remata o concurso de curtametraxes das Pontes cos tres primeiros gañadores

TerraChaXa
O concello das Pontes, a través da concellería de Mocidade convoca a primeira edición do concurso de curtametraxes As Pontes encurta.
ganadores as pontes en curta
ganadores as pontes en curta
16 jul 2022

O concello das Pontes, a través da concellería de Mocidade, convoca a primeira edición do concurso de curtametraxes As Pontes encurta co obxectivo permitir á mocidade da vila adentrase no xénero cinematográfico da curtametraxe, fomentando a súa creatividade. Onde déronse a coñecer os tres gañadores deste primeiro certame, na gala celebrada nas Pontes a tal efecto.

O primeiro premio e Mellor Curtametraxe foi para O son da balea, de Daniel Suárez Rubini. O segundo correspondeu a Devoradora de nenos, de Fran X. Rodríguez e o terceiro  foi O que queda de nós, de Miguel Gómez Abad.

Péchaxe deste xeito unha primeira edición cun gran éxito coa participación de 50 curtas das cales 9 quedaron finalistas. "Algo que pon de manifesto o bo nivel e o gran momento que vive o cine e o audiovisual galego", explica a organización.

Tania Pardo, responsable a área apunta que “este certame constitúe unha gran oportunidade para que as rapaces e rapaces da vila experimenten e indaguen neste ámbito creativo, coñezan, de primeira man, o mundo da creación audiovisual, un sector en auxe, na procura sempre de talento e bo facer”.

O concurso estivo dividido en dous apartados, un destinado a toda a mocidade galega, con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, e un segundo apartado destinado exclusivamente á mocidade das Pontes.

O xurado, composto por profesionais do mundo académico e do sector audiovisual, concedeu 750 euros premios para as mellores pezas, un premio para a mellor creación galega e dous premios para as curtas realizadas para a mocidade das Pontes.

TALLERES AUDIOVISUAIS NO ÁMBITO DO CONCURSO

Ao abeiro do concurso, durante o mes de xullo, leváronse a cabo cinco obradoiros de creación audiovisual  nos que os rapaces e rapazas participantes puideron coñecer a tecnoloxía fotográfica dixital e aplicala no manexo do equipo fotográfico, así mesmo puideron editar as súas composicións audiovisuais e coñecer de primeira man o programa profesional Premier Pro.

O alumando tamén aprendeu a utilizar un simulador oficial de drons Dji que permitirá ás/aos futuros pilotos habituarse aos controis da emisora e ao manexo dun dron, de forma moi parecida á realidade. Tamén se achegaron á fotogrametría 3D para coñecer as posibilidades que ofrece a fusión entre drons e deseño 3D.