Remata o luns a oitava edicion do programa sénior da UDC nas Pontes

TerraChaXa
Un total de 86 persoas participaron nesta edición, que culmina co acto oficial de clausura, no que se fará entrega dos diplomas ao alumnado
entrega-de-diplomas-senior-as-pontes
17 Apr 2026
O luns 20 de abril, ás 19:00 horas, terá lugar na Casa Dopeso o acto de clausura e entrega de diplomas da oitava edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña e dirixido a persoas maiores de 50 anos das Pontes e a súa comarca. Nesta edición, preto de 90 participantes tomaron parte nesta iniciativa formativa.
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, desenvolveu unha nova edición desta proposta educativa, financiada pola Xunta de Galicia e realizada en colaboración co Concello das Pontes de García Rodríguez. As sesións tiveron lugar durante os meses de marzo e abril na Casa Dopeso.
Un total de 86 persoas participaron nesta edición, que culmina co acto oficial de clausura, no que se fará entrega dos diplomas ao alumnado. O evento contará coa presenza da directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez; da adxunta á dirección, Susana Iglesias Antelo; e da concelleira de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación, Tania Pardo Cabarcos.
Con este programa, a Universidade Sénior reafirma o seu compromiso de achegar a formación universitaria á cidadanía maior de As Pontes e da súa contorna, dando continuidade a unha liña de traballo iniciada no ano 2018, orientada a responder ás súas inquietudes e necesidades formativas en diferentes vilas e comarcas.
0.13465905189514