Remata o Máster de Futbolín de Rábade con récord de participación

TerraChaXa | LugoXa
Rematou en Rábade unha nova edición do Gran Máster Nacional de Fútbolín, que rexistrou un novo récord con máis de 278 parellas
master futbolin rabade 2023 10
10 Abr 2023

Rematou en Rábade unha nova edición do Gran Máster Nacional de Fútbolín, no que é a súa XXIV edición, e que rexistrou un novo récord de participación con máis de 278 parellas vidas desde distintos puntos da xeografía peninsular e con destacados xogadores.

Un ano máis o colectivo Bola Meiga, organizador do evento, logrou converter a Rábade na capital do futbolín durante a celebración da Semana Santa e durante tres días de intensa competición. Ademais, xa están preparando unha das edicións máis esperada, a de 2024, xa que será o 25 aniversario do torneo.

Nesta ocasión foron 224 parellas na categoría de movemento, 186 na de parado e 22 na feminina, que se repartiron os 12.000 euros en premios, un incremento sobre edicións anteriores.

A parella formada polo castellonense Toni e o mallorquín Palomo foi a gañadora na categoría movemento mentres que os pontevedreses Tomás e Barciela alzáronse co título en parado e Iván (Melide) e Jonny (Sarria) en combinada. En mulleres, o trofeo foi para a leonesa Andrea e a asturiana María.

Outros premios destacados da sesión foron o que se levou Futbolín Melide, coa peña con máis participantes; Suso Castro como mellor xogador lucense e o barcelonés Eric Floria, de 9 anos, como o máis novo.

cadro de honra futbolin rabade
0.1198570728302