Remata o prazo para anotarse aos obradoiros de informática en Guitiriz

TerraChaXa
As sesións para os adultos celebraranse os martes e xoves de 10:15 a 12:15 horas ou de 16:15 a 18:15 horas
ordenandor-infancia-neno
16 Sep 2026

O Concello de Guitiriz ten abertas ata hoxe, mércores, as inscricións para os Talleres de Informática 2026-27. O inicio das clases está previsto para cinco días despois do peche do prazo, o 21 de setembro, e terán lugar na Aula CeMIT.

As sesións para os adultos celebraranse os martes e xoves de 10:15 a 12:15 horas ou de 16:15 a 18:15 horas. Pola súa banda, haberá un horario diferenciado para os nenos e nenas de 2.º, 3.º e 4.º de Primaria (luns de 16:15 a 17:30 horas) e para os de 5.º e 6.º de Primaria (mércores de 16:15 a 17:30 horas).

Para inscribirse ou solicitar máis información, contactar por correo con cemit.guitiriz@xunta.gal ou por teléfono co 982 370 062.

0.83542680740356