Remata o prazo para anotarse no curso de solo pélvico de Rábade

TerraChaXa
Esta actividade enmárcase no programa do servizo denominado Boa Saúde
cartel-curso-solo-pelvico-rabade
8 Nov 2024

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza unha formación sobre o solo pélvico en Rábade dirixido á poboación en xeral.

Esta actividade enmárcase no programa do servizo denominado Boa Saúde, dirixido a promover hábitos saudables entre a poboación dos distintos concellos. Desenvolverase o día 12 de novembro, de 16.30 a 19.00 horas no centro sociocultural.

A formación ten como obxectivo mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino.

O programa inclúe anatomía do solo pélvico, as súas funcións, as repercusións do embarazo e do parto, a debilidade da musculatura, as repercusións do exercicio e dos abdominais, as patoloxías asociadas e as técnicas de tratamento.

A docente será Cristina Ouro Núñez, matrona do Complexo Hospitalario de Lugo (Escola Galega de saúde para cidadáns), quen fará tamén unha sesión práctica.

O prazo de inscrición remata hoxe, 8 de novembro, a través da web da escola galega de saúde  ou directamente a través deste enlace. Tamén pode facerse por mail a prevenciondrogas@rabade.org remitindo nome e apelidos, enderezo, mail, teléfono e DNI.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16077494621277