Rematan a obra de impermeabilización do depósito de Vilarente, en Abadín

TerraChaXa
O Concello de Abadín rematou estes días as obras de acondicionamento do depósito de Vilarente que surte de auga aos barrios de Cabanela e Vilaseñor.
obras impermeabilizacion cabanela abadin
15 Nov 2023

O Concello de Abadín rematou estes días as obras de acondicionamento do depósito de Vilarente que surte de auga aos barrios de Cabanela e Vilaseñor.

Os traballos consistiron en isotermizar o depósito para evitar as fugas de auga e que non haxa problemas co subministro tal e como denunciaron os veciños en diferentes ocasións. As reparacións fixéronse en tres días para o que foi necesario o corte do servizo durante unhas horas.

Segundo anunciou o alcalde a seguinte acción será colocar unha bomba para solucionar os problemas que teñen no verán co caudal de auga.

Os veciños da zona tiña realizado numerosas concentracións e protestas públicas por esta situación. Chegaron a encadearse a casa consistorial e tiñan prevista unha concentración durante a Feira de Santos, que se vai celebrar este sábado despois de ser adiada polo temporal.

A obra foi realizada pola empresa Rodríguez e Regueiro por un importe de 7.705 euros.

Por outra banda, rematou o proceso de exposición pública do proxecto de legalización do aproveitamento de auga a este núcleo. Tras finalizar sen alegacións, están á espera da visita de comprobación pola Confederación Hidrográfica Miño- Sil, para poder finalizar os procesos de cesión de titularidade ao Concello.

0.13875198364258