Rematan as obras de acceso ao barrio de Picoi, en Árbol
TerraChaXa
É esta unha máis que necesaria actuación, que dende a área de Infraestruturas Rurais se incluíu no Plan Único
Renda visitado o fin das obras
13 Jul 2024
O tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda, anunciou o remate das obras de rexeneración e mellora da vía de acceso ó barrio de Picoi, en Árbol.
É esta unha máis que necesaria actuación, que dende a área de Infraestruturas Rurais se incluíu no Plan Único (correspondente á anualidade 2024) e cuxo custo total ascendeu aos 10.714 euros.
Renda, que contrastou o resultado coa veciñanza, lembrou que esta nova #obra era "unha das máis solicitadas pola veciñanza da parroquia" e volveu facer fincapé na necesidade de "dar resposta ás demandas dos veciños do rural como obxectivo irrenunciable do Goberno Municipal".