Rematan as obras de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética na escola rural do Viveiró

TerraChaXa
É un edificio de propiedade municipal destinada a usos múltiples para os veciños, así como para a celebración de actividades do Concello
escola-unitaria-viveiro-muras
Escola unitaria de Muras
3 Nov 2024

O Concello de Muras rematou estes días as obras na escola rural do Viveiró, que forma parte do plan de actuación que se levará a cabo cos cartos do Fondo de Compensación Ambiental durante o presente ano e que teñen un orzamento total de 506.083 euros.

Na escola do Viveiró realizaron unha reforma cun orzamento de 59.073 euros e na de Silán de 38.258 euros. Nos dous casos trátase de accións de mellora da eficiencia enerxética con renovación de fiestras, cerramentos e pintado.

A escola do Viveiró é un edificio de propiedade municipal destinada a usos múltiples para os veciños, así como para a celebración de actividades do Concello. É un edificio dun andar de planta rectangular e cuberta de lousa a dúas augas. As carpinterías eran de aluminio de cor vermello sen rotura térmica e con persianas aloxadas en caixón de madeira. Cambiaron as ventás, de tipo corredizo, por outras de RPT, así como o cambio da fontanería interior. Remataron co pintado e selado de fendas das fachadas.

Actúase tamén na escola de Irixoa de forma, na que investirán 166.517 euros. Trátase dunha pequena edificación illada nunha parcela de propiedade municipal. Recentemente instalouse na mesma un punto limpo, utilizando una nave existente, polo que comparte acceso con este. O uso orixinal do edificio era o de escola, empregada nos últimos anos como local social e atópase nestes intres sen uso algún, dado o seu mal estado de conservación.

0.1932008266449