Rematan as obras de renovación da vía que dá acceso a Lobán, en Samarugo

TerraChaXa
O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda informou hoxe do remate das obras de renovación e mellora da vía que dá acceso ao núcleo de Lobán, en Samarugo.
via louban samarugo
30 Nov 2023

O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda informou hoxe do remate das obras de renovación e mellora da vía que dá acceso ao núcleo de Lobán, en Samarugo.

Unha necesaria actuación, que se complementou coa mellora doutras tres vías pertencentes tamén á parroquia de Samarugo. En concreto, os accesos ós barrios de Campomaior, Cornide e un ramal máis ó mesmo barrio de Lobán.

"Tratábase de varias das vías en peor estado de todo o termo municipal e, dende o primeiro día da lexislatura, axilizamos traballo e trámites para podermos actuar", explicou Renda.

Renda que, coma sempre quixo contrastar cos veciños da parroquia o resultado da obra, fixou a reconstrución da Ponte da Ribeira como o vindeiro obxectivo do Concello nesta zona.

0.16574716567993