Rematan as obras dun acceso a unha granxa en Lanzós

TerraChaXa
Unha nova obra de mellora da rede viaria rural, que vén a dar cumprida resposta ás demandas da explotación gandeira
obra-lanzos-modesto-renda
18 Apr 2026

O tenente alcalde Modesto Renda anunciou a pavimentación da vía que lle dá acceso á granxa avícola situada no barrio de Vilate, en Lanzós.

Unha nova obra de mellora da rede viaria rural, que vén a dar cumprida resposta ás demandas da explotación gandeira, así como ás das 2 vivendas colindantes, pois o Concello pavimentou mediante dobre rega asfáltica o camiño ó completo dende a estrada provincial LU-P-6502.

0.11484813690186