Rematan esta fin de semana en Vilapene as festas na honra da Nosa Señora

A parroquia de Vilapene, no concello de Cospeito, celebrará durante o mes de agosto as tradicionais festas na honra da Nosa Señora cun programa que se desenvolverá os días 15, 22 e 23. A celebración continúa esta fin de semana con actos relixiosos e varias actuacións musicais.
O sábado 22 de agosto haberá unha misa ás 13.30 horas, procesión e sesión vermú coa actuación da orquestra La Noria. Pola noite, a formación regresará ao escenario para protagonizar a verbena, na que tamén participará a cantante Ruth Cundins.
O programa concluirá o domingo 23 de agosto cunha misa ás 13.30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú amenizada polo Dúo Charada, que será o encargado de poñer o broche final ás celebracións organizadas pola Asociación Veciñal de Vilapene, coa colaboración da veciñanza, das casas colaboradoras e do Concello de Cospeito.