Rematan este sábado as presentacións de Lareira de Soños

TerraChaXa
Os Vilares Lareira de soños e a Nova Poesía Guitirica NPG continuarán este sábado a programación de novidades desta tempada.
presentacion lareira portada
24 Mar 2021

Os Vilares Lareira de soños e a Nova Poesía Guitirica NPG rematan este sábado a programación de novidades desta tempada nas redes para ofrecer as últimas novidades literarias a través do Facebook destas entidades en directo.

Este sábado, 27 de marzo, será a vez de Non estamos preparados para medrar (Editora Urutau) da poeta da Costa da Morte Teresa Ríos Noya, poeta da Costa da Morte que reside no Condado e forma parte do colectivo poético Versos de Area ao igual que Hortensia Bautista.

O programa #DoTrinque de novidades literarias está a ter un grande éxito ao ter acadado máis de 400 seguidores en directo e máis de 9.000 reproducións dos vídeos polas redes en diferido, nun formato próximo e cómodo de seguir e no que autores e público interactúan dunha maneira amena e divertida arredor de novísimas e variadas obras literarias.

A programación seguirá en abril con máis novidades literarias ás que calquera se poderá sumar en directo polo Facebook da Nova Poesia Guitirica NPG e posteriormente gravado en diferentes espazos das redes sociais e en YouTube.

A cita es, como no resto de actividades, ás 20.00 horas no Facebook do grupo.

presentacion lareira de sonos
0.16046190261841