Aprazada ao sábado a xira nas festas de Meira

TerraChaXa
As Festas de Meira, que comezaron o pasado día 13 chegan mañá ao seu final, coa celebración da xira e hoxe o San Roque.
cartel xira campestre meira aprazado
cartel xira campestre meira aprazado
16 ago 2022

As Festas de Meira, que comezaron o pasado día 13 chegarán finalmente o sábado ao seu final, coa celebración hoxe do día de San Roque e o 20 da xira.

O día de San Roque comezou coa saída da igrexa en procesión á capela de San Roque acompañada polo grupo de Gaitas de Meira e a Banda de Acordeóns local. Finalizará esta cunha misa maior á que seguirá a tradicional sesión vermú coa orquestra Coktail.

Pola tarde, ás 18.00 horas será a tradicional festa infantil para pecha o día coa verbena a cargo de Cocktail e a actuación de Antonio Barros, ex cantante da orquestra Kubo.

A fin de festa será finalmente o sábado 20 coa tradicional xira campestre no porto da Pena, con actuación dunha charanga, grupo musical e discoteca móbil, ademais de xogos populares. A organización decidiu aprazar esta celebración debido ao mal tempo que se espera para a xornada do mércores, que era o día que remataban as festas

FESTAS DE MEIRA CARTAZ