Rematan o Xogos da Primavera de Guitiriz co Open de Ra

TerraChaXa
Durante a tarde presentouse o libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida
xogos-primavera-guitiriz
Un momento do Open de Ra
28 Xuño 2024

O Concello de Guitiriz celebrou este mércores a clausura dos Xogos da Primavera 2024, que organiza a Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera.

Durante a tarde presentouse o libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida, da man da de Paco e Manolo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, que de forma desinteresada se achegaron a Guitiriz.

Foron agasallados pola alcaldesa, Marisol Morandeira, co libro Tes un conto... publicado no ano 2020 en tempos de pandemia.

Rematada a presentación celebrouse o II Open da Ra. Todos os participantes levaron un pequeno marcapáxinas de agasallo e os tres primeiros clasificados un trofeo elaborado para a ocasión na aula Cemit coa impresora 3D.

0.11747908592224