Rematan os traballos de acondicionamento dos accesos a varios núcleos en Viladonga

LugoXa | TerraChaXa
Renovouse o firme da vía que conduce a Casela e á Rúa de Arriba, así como á igrexa e o camposanto de Santiago de Viladonga
viladonga-obras-accesos-xunta
Reunión da conselleira e o alcalde
3 Ago 2024

A Consellería do Medio Rural investiu 48.200 euros no acondicionamento dos accesos a varios núcleos de poboación da parroquia de Viladonga, no municipio de Castro de Rei, a través das achegas do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR).

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou xunto co alcalde, Francisco Balado, o resultado dos traballos executados na estrada que parte da N-640 e discorre por Casela, Rúa de Arriba e a igrexa e o camposanto de Santiago de Viladonga, e tamén en dous ramais que conducen a vivendas e garaxes e a unha vía municipal.

Acondicionáronse en total preto de 1,4 quilómetros de vía; 925 metros corresponden á estrada principal, onde se renovou por completo o firme con dobre rego asfáltico previa regularización do terreo e o ensanche dalgúns puntos. Aplicouse unha capa de reforzo da plataforma nas curvas existentes entre os puntos quilométricos 0,300 e 0,500, para permitir o paso de vehículos con maior radio de xiro.

Así mesmo, procedeuse á limpeza ou reapertura das cunetas para evitar a acumulación de augas de escorrentía, pintáronse as marcas viarias e instalouse a sinalización horizontal necesaria. Ademais, acometeuse o reforzo e rexeneración do firme dos ramais, de 300 e 150 metros de lonxitude.

Arias subliñou a colaboración da Xunta cos concellos para mellorar as infraestruturas e dotacións no rural, “contribuíndo a vertebrar o territorio e á cohesión social, mellorando a calidade de vida e de traballo nos pobos para lograr o obxectivo de dinamizar o tecido produtivo e fixar poboación nova”.

0.14720296859741