Renda anuncia a renovación da vía que une San Xoán de Alba e Belesar

TerraChaXa
Son 5 km que comunican a N-634 ao seu paso por Alba cos barrios das Turbelas, O Curro, Cordal e Meire
modesto-renda-obras-vilalba
22 Nov 2024

O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais do Concello de Vilalba, Modesto Renda, anunciou hoxe o remate dos traballos de rexeneración total da vía que une as parroquias Alba e Belesar.

Trátase dunha moi agardada obra, segundo explica, que deixa completamente renovados os 5 km que comunican a N-634 ao seu paso por Alba cos barrios das Turbelas, O Curro, Cordal e Meire, dándolle así un acceso digno tanto ás decenas de vivendas ás que dá servizo, como ás parcelas e explotacións agrogandeiras da zona, ata rematar na igrexa e cemiterio de Belesar.

️A actuación incluíu tamén a renovación completa dos máis 500 m do ramal de acceso á escadra de Meire, en dirección Distriz, e a colocación de tubos de drenaxe, con fin de aumentar a vida útil da vía.

Financiada con cargo ó "Plan de Mellora de Camiños de Municipais", esta nova obra é o maior investimento do que vai de lexislatura no rural, pois estamos a falar dun custo de 85.000 euros.

0.16354298591614