Renovan o firme no núcleo urbano de Friol

TerraChaXa | LugoXa
A Xunta está a executar traballos de renovación do firme na estrada autonómica LU-934 ao seu paso polo núcleo urbano de Friol.
obras estrada friol
15 Xuño 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar traballos de renovación do firme na estrada autonómica LU-934 ao seu paso polo núcleo urbano de Friol, nos que realiza un investimento de case 70.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe a marcha das obras e explicou que pode ser preciso interromper puntualmente o tráfico, para o que se habilitan carrís alternativos de circulación. Está previsto rematar mañá as tarefas de asfaltado e a partir do luns as de repintado das marcas viarias.

A actuación comprende un ámbito de 770 metros de lonxitude na Avenida de Lugo, desde a entrada ata o centro da localidade -puntos quilométricos 00+000 a 00+770-. Vaise renovar integramente a capa de rodadura con mestura de bituminosas en todo o treito, así como a sinalización horizontal.

Arias destacou que a reforma achegará maior seguridade para a circulación nunha zona urbana como esta, con moito tránsito de peóns. “A Xunta -afirmou- realiza un traballo constante de mantemento e conservación nas estradas autonómicas, para que estean en condicións óptimas e proporcionen o maior nivel posible de eficiencia e confort ao tráfico rodado e peonil”.

0.1067910194397