Renovarán tres vías na parroquia vilalbesa de Carballido

TerraChaXa
O Concello de Vilalba realizará obras para a limpeza de noiros, pavimentación, rexeneración e sinalización de varias vías de titularidade municipal que discorren pola parroquia de Carballido Trátase de camiños de acceso a barrios e núcleos de poboación, polo que son importantes para a circulación de vehículos lixeiros, pesados e maquinaria de todo tipo en dirección ás vivendas, explotacións agrogandeiras e parcelas agrícolas ou forestais da parroquia.
29 dic 2022

O Concello de Vilalba realizará obras para a limpeza de noiros, pavimentación, rexeneración e sinalización de varias vías de titularidade municipal que discorren pola parroquia de Carballido

Trátase de camiños de acceso a barrios e núcleos de poboación, polo que son importantes para a circulación de vehículos lixeiros, pesados e maquinaria de todo tipo en dirección ás vivendas, explotacións agrogandeiras e parcelas agrícolas ou forestais da parroquia.

Son en concreto tres viais: un deles na estrada LU-P-6504; o segundo da LU-P-6504 ao núcleo de Oroño, e o terceiro da LU-P-6504 ao límite co Concello de Abadín.

A actuación consistirá na limpeza de noiros e tubaxes de todo tipo; a mellora do drenaxe mediante a colocación de tubaxes adicionais; o recargo e nivelación das capas base, mediante zahorra, macadam ou gravillón donde sexa preciso; a pavimentación mediante dobre ou triple rego asfáltico en toda a superficie, e a sinalización vertical das interseccións.

“Os traballos forman parte dun elevado investimento que se destinará ás parroquias de Vilalba nos próximos meses para actuacións de mellora do pavimento dos viais, dando resposta ademais ás demandas veciñais”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.