Retiran maleza e árbores caídos do rego dos Cucos en Mondoñedo
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no rego dos Cucos (coñecido tamén como rego Compiceiro), no Concello de Mondoñedo.
Estes traballos de mantemento se levan a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar dos Cucos, na parroquia dos Remedios.
As obras inclúen o desbroce de maleza das marxes, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
O organismo hidráulico da Xunta desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.
A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.