Retoman as escavacións no Castro de Saa con visitas guiadas os xoves

TerraChaXa
Destaparán unha superficie de 70 metros cadrados ao outro lado do que se escavou na anterior quenda
escavacion-castro-de-saa
O lugar onde se comeza a traballar no Castro de Saa
19 Jun 2024

Comeza unha nova escavación no Castro de Saa, na Pastoriza, situado na parroquia de Baltar, traballo que dirixe de novo o arqueólogo Emilio Ramil, para destapar nesta ocasión o a zona do bastión dereito que está no acceso ao xacemento.

Os traballos contan cun orzamento de 15.000 euros a cargo da Consellería de Cultura para ocuparse dunha superficie de 70 metros cadrados ao outro lado do que se escavou na anterior quenda.

Nesta ocasión estarán preto dun mes traballando no Castro de Saa para poder seguir completando os 750 metros que hai xa ao descuberto.

A novidade desta campaña é que os tres xoves nos que dura o traballo hai visitas guiadas para coñecer a marcha dos mesmos. O primeiro xa se celebrou e continuarán este, día 20 e o 27 de xuño.

Todas as visitas son ás 12.00 horas partindo do propio castro. O encargado destas sesións informativas é o propio arqueólogo principal.

0.16319704055786