Retómanse en Castro de Rei as reunións do programa Educando en Familia

TerraChaXa | LugoXa
Castro de Rei comeza estes días coas reunións informativas sobre o programa Educado en Familia, que será impartido polas orientadoras do anterior Preescolar na Casa.
nenos campamento conciliacion
18 sep 2023

Castro de Rei comeza estes días coas reunións informativas sobre o programa Educado en Familia, que será impartido polas orientadoras do anterior Preescolar na Casa.

Este programa educativo vai dirixido ás familias con nenos e nenas que teñan entre 0 e 3 anos de idade acudan ou non a outros centros educativos. O obxetivo do mesmo é contribuír á formación das familias e axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos nenos a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento da contorna dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar.

No concello de Castro de Rei a primeira reunión informativa terá lugar o 20 de setembro, ás 12.00 horas no local social da antiga Biblioteca Pública de Castro de Ribeiras de Lea (fronte á caseta do polbo).

0.09226393699646