Reunión informativa coa veciñanza sobre o PRUX das Fragas do Eume

TerraChaXa
Os alcaldes dos cinco concellos do Parque Natural Fragas do Eume manterán unha xuntanza coa veciñanza para informar sobre o PRUX.
reunion informativa fragas do eume portada
reunion informativa fragas do eume portada
25 Mar 2023

Os alcaldes dos cinco concellos do Parque Natural Fragas do Eume manterán unha xuntanza coa veciñanza para informar sobre o Plan Reitor de uso e xestión (PRUX) desta contorna natural.

Esta terá lugar este domingo, 26 de marzo, as 11.00 horas no polideportivo Lavandeira.

Nun primeiro momento farase unha análise da resposta da Xunta de Galicia ás alegacións ao borrador do PRUX das Fragas do Eume. A continuación presentaranse unhas propostas de actuación.

A sesión está convocada por dúas asociacións, a Unión de los propietarios para la defensa de las Fragas del Eume e o Parque Natural del Eume: Naturaleza y Desarrollo.

reunion informativa fragas do eume
0.20852494239807