Rexeneran o acceso a Abelaira, en Corvelle

TerraChaXa
Esta nova obra tivo un custe total de 12.400 euros con cargo ao Plan Único da Deputación
obras-abelairas-renda
Renda supervisa as obras
10 Xul 2024

O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais, Modesto Renda, informou da rexeneración do acceso á Abelaira, en Corvelle.

Esta nova obra tivo un custe total de 12.400 euros e o financiamento da mesma será con cargo ao Plan Único da Deputación correspondente á anualidade 2024.

Renda contrastou o resultado coa veciñanza e explicou que esta actuación foi a máis solicitada por parte dos veciños/as da parroquia, na reunión que celebrada hai meses na Casa da Escola.

0.18870806694031