Rinlo e Muras son pioneiros nunha iniciativa para o coidado visual

TerraChaXa | AMariñaXa
Especialistas visitarán estas localidades para facer unha revisión da vista aos veciños
revision-de-la-vista-optometria
Revisión de la vista
21 Maio 2024

A asociación de utilidade pública Visión e Vida, Correos Express e o Colexio Oficial de Ópticos Optometristas de Galicia poñen en marcha a campaña Sen perderte de vista”, unha iniciativa que se desenvolverá en catro pobos galegos para fomentar o coidado visual e revisar, in situ, o estado da visión duns 50 veciños de cada municipio. Na provincia de Lugo estarán en Rinlo (Ribadeo) e en Muras.

"Porque o envellecemento, a distancia respecto ós establecementos sanitarios de óptica e optometría, así como a situación económica persoal dos cidadáns adoitan pasar factura á saúde visual. Por iso, e grazas ó servizo porta a porta de Correos Express, profesionais da visión desprazaranse a Rinlo, Muras, Avión e Vilariño de Conso para revisar ós veciños e recoller, anonimamente, datos para saber canto afecta á visión o feito de vivir nas zonas máis despoboadas de España", explican.

Rinlo abre o ciclo o 28 de maio na Escola Vella en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 19.00. Co mesmo horario estarán no centro de saúde de Muras o 30 de maio

Os 222 habitantes de Rinlo, os 521 de Vilariño de Conso, os 600 de Muras ou os case 1.800 de Avión poderán vivir unha experiencia única, grazas á participación dos equipos consistoriais dos municipios, o interese dos veciños e os profesionais sanitarios ópticos-optometristas.

0.18159985542297