Riotorto acollerá unha charla sobre protección de datos persoais e prevención de fraudes

TerraChaXa | AMariñaXa
A charla, enmarcada no Programa de Educación Financeira, comezará ás 12.00 horas e estará orientada a ofrecer recomendacións para operar con maior seguridade coas tarxetas e dispositivos
mobil-ordenador-tecnoloxia
12 Oct 2026

A Casa da Cultura do Concello de Riotorto acollerá o mércores 14 de outubro unha actividade formativa centrada na protección dos datos persoais e na prevención de fraudes e estafas.

A charla, enmarcada no Programa de Educación Financeira, comezará ás 12.00 horas e estará orientada a ofrecer recomendacións para operar con maior seguridade coas tarxetas e dispositivos, así como para navegar pola rede de maneira segura.

A actividade abordará diferentes cuestións relacionadas coa protección da información persoal e coa prevención de posibles fraudes, co obxectivo de facilitar á cidadanía ferramentas para facer un uso máis seguro dos servizos financeiros e dixitais.

0.16790914535522