Riotorto anuncia o programa da Feira do Ferro, que se recupera tras tres anos sen celebrarse

TerraChaXa | AMariñaXa
A XIV edición da Feira da Artesanía do Ferro volverá este ano celebrarse o 16 de abril tras tres anos sen festa por mór da pandemia.
programa riotorto feira do ferro
programa riotorto feira do ferro
20 Mar 2023

A XIV edición da Feira da Artesanía do Ferro volverá este ano celebrarse o 16 de abril tras tres anos sen festa por mor da pandemia.

Esta cita, que está organizada pola Asociación de Ferreiros e o Concello de Riotorto, convoca de novo a XIV edición, que foi suspendida con case todo listo no ano 202o, cando no mes de marzo, se declarou o confinanmento.

Malia que a maior parte das celebracións se recuperaron en todos os concellos o ano pasado, en Riotorto decidiron esperar un ano máis por un gromo declarado nos meses nos que se convocaba a cita, despois do Nadal.

A organización do evento fixo público o programa, que volve contar con demostracións en vivo de oficios, nas que haberá pirogravado, torneado de madeira, cestería, alfarería e cristal tallado ademais da artesanía do ferro e os obradoiros infantís.

A Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto celebrarase no recinto feiral cuberto baixo carpa, onde tamén se poderá degustar polbo e outra comida tradicional. Haberá animación musical durante toda a xornada a cargo dos Gaiteiros de Riotorto e a Charanga Mekánika.

O programa arrincará o sábado pola noite, ás 22.00 horas, cunha comida popular amenizada polo grupo Fussión. A feira terá lugar o domingo, e abrirá as súas portas ás 11.00 horas comezando xa de seguido coas demostracións de oficios, que contarán con cristal tallado a cargo de Eugenio Soto de Vigo; alfarería con Aparicio de Buño; cestería con Lito de Lugo; torneado con Pardo Arzúa; pirogravado con José Lázaro de Ponferrada; torneao de cerámica con María Sánchez de Lugo, e obradoiro de carbón con Carboeiros de Baleira.

Trala actuación do Coro de Riotorto, terá lugar a inauguración oficial, que será ás 12.15 a cargo de Montserrat García Chevarría, deputada no Congreso.

A continuación terán lugar as demostracións en vivo da artesanía do ferro e os obradoiros infantís. Estas estarán a cargo de ferreiros de Rioroto así como do Centro de Interpretación de la Forja (Navarra). Destarán os traballos de Alberto Leis, Friedich Brasmsteidl, Antonio do Corgo e Forxa Chago.

Pola tarde, a charanga Meanika realizará unha animación itinerante cun espectáculo de foto e malabarismo.

Tralas novas demostracións en vivo da tarde, un espectáculo infantil no atrio da igrexa porá o punto e final. A organización lembra que haberá animación musical durante todo o día.

TRADICIÓN

A Feira do Ferro que se celebra en Riotorto dende o ano 2007 no mes de abril é un gran encontro, un dos piares clave da súa economía. Xurdiu a iniciativa de catro amigos que en 2006 comezaron a pensar en como promover a súa profesión.

Na actualidade na zona de Riotorto hai aproximadamente unha ducia de persoas facendo pezas de ferro, pero a súa situación non é sinxela. “Séguese consumindo moito ferro, séguense demandando pezas para o monte e para as plantacións, ademais de utensilios sinxelos para as casas, pero comparado con hai anos vai descendendo. En tódolos sitios unha ferramenta manual fai falla, o sector das ferramentas é necesario, pero a artesanía non pode competir cos prezos das fábricas”, din dende a asociación.

O proceso manual que fan os ferreiros é moito máis laborioso e custoso, polo que se encontran cunha problemática, “existe un circulo vicioso no campo, a xente que demanda as ferramentas tamén ten problemas para vender a súa produción, como a leite ou os produtos de horta. É unha cadea, se eses prezos están baixos nos temos que baixalos para que poidan acceder ás ferramentas. Se non hai cartos móvese todo con dificultade. Se encontran un coitelo por dous euros cómprano, pero logo tamén ven que a calidade non é a mesma”.

feira do ferro riotorto ferreiros
0.18224692344666