Riotorto comeza un programa de dinamización de maiores

TerraChaXa | AMariñaXa
A Xunta asinou un convenio de colaboración co alcalde Riotorto para o financiamento dun programa municipal para o envellecemento activo.
firma convenio riotorto maiores
2 Apr 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asinou esta semana un convenio de colaboración co alcalde Riotorto, Clemente Iglesias, para colaborar no financiamento dun programa municipal para o envellecemento activo. A Xunta achega 40.000 euros a esta iniciativa que procura poñer en marcha un conxunto de actividades para as persoas de máis idade da localidade.

Con este acordo, a Xunta dá un paso máis en achegar aos fogares dos maiores as atencións que necesitan. A este obxectivo responden medidas como o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), poñendo a disposición de todos os concellos máis horas de atención para levar coidados profesionais ás casas dos veciños de máis idade; ou o impulso da teleasistencia avanzada, para incrementar ata os 10.000 o número de persoas maiores de toda Galicia que contan con apoios tecnolóxicos nos seus domicilios.

Neste concello lucense, o Executivo autonómico ten unha vivenda comunitaria, que conta con 10 prazas de atención a maiores. Tamén lle achegou o programa de Coidados porta a porta, que volverá a este municipio en xuño para ofrecer servizos gratuítos en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18555521965027