Riotorto organiza un obradoiro sobre internet seguro para menores na Aula Cemit

TerraChaXa | AMariñaXa
O obradoiro busca ofrecer ferramentas útiles para mellorar a seguridade dixital da infancia e adolescencia
obradoiro-dixital-riotorto
25 Apr 2026

O Concello de Riotorto acollerá durante o mes de maio un obradoiro centrado no uso seguro de internet para menores, unha iniciativa destinada a fomentar boas prácticas dixitais e concienciar sobre os riscos e oportunidades do entorno en liña. A actividade desenvolverase no Aula Cemit do Centro Sociocultural Avelino Díaz.

O curso celebrarase os días 18, 21, 25 e 28 de maio en horario de 17:00 a 20:00 horas. A formación forma parte do programa YoConecto.org, unha iniciativa que impulsa cursos presenciais gratuítos adaptados a todos os niveis e que inclúe certificación para as persoas participantes.

O obradoiro busca ofrecer ferramentas útiles para mellorar a seguridade dixital da infancia e adolescencia, abordando cuestións relacionadas coa protección de datos, o uso responsable das redes e a prevención de riscos en internet.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información e realizar a súa inscrición contactando con Vanesa no teléfono 646 218 296.

0.11829495429993