Riotorto organiza unha viaxe a Xuvenlugo para o día 28

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto organiza unha viaxe para nenos e nenas ao espazo infantil Xuvenlugo no Nadal prevista para o mércores 28.
22 dic 2023

Un ano máis, o Concello de Riotorto organiza unha viaxe para nenos e nenas ao espazo infantil Xuvenlugo no Nadal prevista para o xoves 28 de decembro con saída do colexio ás 15.30 horas.

As actividades diríxense a rapaces e rapazas de entre 2 e 16 anos e terán que ir acompañados dun adulto.

Os interesados e interesadas poden contactar co Concello para inscribirse e coñecer máis detalles antes do 25 de decembro. O prezo da viaxe é de 15 euros por persoa para os acompañantes xa que os pequenos irán gratis e terán merenda. O horario de apertura de Xuvenlugo é de 16.30 a 21.00 horas.