Riotorto: ruta do ferro

TerraChaXa
Un percorrido para coñecer elementos hidráulicos dos ferreiros no que foi un auténtico complexo industrial ata os anos 60.
21 Feb 2023

Un percorrido para coñecer elementos hidráulicos dos ferreiros no que foi un auténtico complexo industrial ata os anos 60.

Esta é unha fermosa ruta que transcorre polo conxunto etnográfico de Ferreiravella os expertos recomendan que para realizar este percorrido en todo o seu esplendor a mellor época do ano é o outono xa que coas choivas o leito do río estará cheo e será moito máis vistoso, aínda que se pode realizar en calquera tempada.

Esta ruta localizase entre As Rodrigas, capital do Concello e O Mazo da Fraga situado no lugar de O Mazo.

Un mazo é un mecanismo que se sitúa xunto aos ríos e servía basicamente para traballar o ferro nas forxas. En diferentes recunchos de Galicia como A Terra Chá, pero tamén de Asturias, como Vegadeo, Taramundi ou a comarca dos Oscos, pódense ver mazos.

O percorrido desta ruta de 3 ou 4 horas dependendo do ritmo, levará aos camiñantes ao longo do regato de Ferreiravella, o borde do que aínda se poden visualizar restos de elementos hidráulicos en funcionamento. O río foi un verdadeiro complexo industrial ao servizo dos ferreiros polo menos ata a década dos 60, cando a electricidade chegou á comarca. Algunhas das construcións que se poden atopar os viandantes teñen a súa orixe no ano 1691.

O longo da ruta atópanse varios paneis informativos que explican a historia de algúns enxeños hidráulicos que existiron ao longo do río. A ruta discorre entre bosques de especies autóctonas como castiñeiros, bidueiros e carballos que achegarán aos sendeiristas a ver de primeira man muíños e forxas como a de Chairas F.F., a de Barral J.D. ou a de M. Pol Pol.

Por outra banda, tamén se pode desfrutar dun bo día e un petisco na área recreativa de Ferreiravella pois conta cun merendeiro con mesas e unha zona de grelladas, así como un pequeno parque infantil.

Así mesmo, na primavera e sempre coincidindo en abril celébrase a Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto, unha exaltación desde material e dos seus traballadores que conta cunha exposición de artesáns, obradoiros para ensinar este oficio, mostras de produtos do campo e actuacións musicais.

0.14127087593079