Roca celebra a fin de semana as súas festas de San Xiao
A comunidade de Monte Veciñal de Roca organiza as tradicionais Festas na honra a San Xiao os días 4 e 5 de xaneiro de 2025. Este evento promete dous días cheos de música, celebración e actividades para todos os públicos.
O sábado 4 de xaneiro comezará ás 13:15 horas cunha misa solemne, seguida dunha animada sesión vermú a cargo do grupo Kalima 3.0. Pola noite, a verbena contará coas actuacións de Kalima 3.0 e Los Satélites. Para os máis pequenos, haberá inchables de balde ao longo do día.
O domingo 5 de xaneiro, a celebración continuará cunha sesión vermú e fin de festa a cargo do dúo La Hora Bruja, poñendo o broche de ouro a este evento.
Ademais, o recinto estará acondicionado cunha carpa pechada e canóns de calor, garantindo o confort de todos os asistentes.