Rocha, en Friol, celebra esta fin de semana as festas na honra a San Cosme

LugoXa | TerraChaXa
Desenvolveranse do venres 25 ao domingo 27 cunha churrascada, sesións vermú e actuacións musicais
programa-festas-rocha
24 Sep 2026

A localidade de Rocha, en Friol, celebra esta fin de semana as festas na honra a San Cosme cun programa que contará con propostas gastronómicas e diferentes actuacións musicais.

As celebracións comezarán o venres 25 cunha churrascada, á que seguirá unha verbena amenizada polo Grupo Sensaciones, que será o encargado de poñer música á primeira noite das festas.

O sábado 26, a programación continuará ás 13.30 horas cunha misa solemne e unha sesión vermú coa orquestra Dinastía. Pola noite, a mesma formación musical será protagonista da gran verbena, nunha xornada na que a música volverá ocupar un papel central.

As festas rematarán o domingo 27 cunha nova misa solemne ás 13.30 horas e unha sesión vermú a cargo do dúo En Clave de Ti.

0.15166807174683