Roteiro polo Xistral e degustación de carne de poldro en Muras

TerraChaXa
A Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega, Puraga, ofrece en Muras una fermosa experiencia para coñecer o hábitat dos cabalos de monte o vindeiro sábado 14 de setembro cun roteiro pola serra do Xistral.
11 Sep 2019

Neste roteiro polo Xistral desfutarase dunha viaxe en bus ata o alto do mirador do parque eólico do Leboreiro. Durante a subida o monitor explicará o hábitat onde atopar ao cabalo do Xistral, a súa alimentación, o seu manexo, as relación simbióticas do gando vacún e equino e a importancia de ámbolos dous no mantemento das matogueiras atlánticas.

Tamén visitarase unha explotación de cabalos de raza galega da zona e rematarse a xornada cunha degustación de carne de poldro nun restaurante local.

O prezo deste roteiro é de 20 euros por persoa e a inscrición haberá que facela a través de Puraga.

Para máis información haberá que chamar ao Concello de Muras 982 500 001 e para facer as reservas podense facer mediante WhatsApp no 689 41 97 22.

0.15987205505371