Roteiros de Pol realiza o domingo unha ruta polo municipio

A Asociación Cultural Roteiros de Pol organiza o domingo, 13 de setembro, unha nova actividade de sendeirismo por Pol. A ruta, cunha distancia de 13 quilómetros e unha dificultade baixa, está pensada para amantes da natureza que queiran desfrutar dunha xornada ao aire libre mesturando deporte e cultura.
O prezo de inscrición é de 25 euros para socios e 30 euros para non socios, e inclúe o xantar e o bus. As persoas interesadas deberán realizar o pagamento este xoves como último día, ingresando o importe na conta da Asociación Cultural Roteiros de Pol en Abanca (ES76 2080 0157 9330 4000 5484), indicando o nome completo.
A programación do día comezará ás 8:30 horas coa saída de Lugo (ponte estación de tren) en bus cara Mosteiro, onde se iniciará a ruta ás 10.00 horas diante do concello. Ao remate do percorrido, arredor das 14:00 horas, os participantes poderán gozar dun xantar na Carballeira.
Esta actividade, organizada pola Asociación Cultural Roteiros de Pol en colaboración co Concello de Pol, combina natureza, deporte e gastronomía.