Rouco toma posesión como presidenta do padroado do Centro Ocupacional

TerraChaXa
O salón de plenos do Concello de Vilalba acolleu unha reunión extraordinaria do padroado da Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Psíquica Vilalba-Terra Chá que xestiona o Centro Ocupacional da vila.
reunion padroado concello
15 Feb 2024

O salón de plenos do Concello de Vilalba acolleu unha reunión extraordinaria do padroado da Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Psíquica Vilalba-Terra Chá que xestiona o Centro Ocupacional da vila.

Nesta xuntanza procedeuse á toma de posesión de tres persoas. Por unha parte a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, pasa a ser a nova presidenta da entidade. Ademais, a concelleira de Educación, Infancia e Xuventude, Paula Vigo, tomou o cargo de vicepresidenta.

A concelleira do Partido Popular Paula Prado pasa a ser representante no padroado.

0.1412889957428