Roupar abre o San Estevo coa Festa dos Callos

TerraChaXa
A parroquia de Roupar, en Xermade, celebra as festas na honra a San Estevo esta fin de semana.
14 Maio 2024

A parroquia de Roupar, en Xermade, celebra as festas na honra a San Estevo esta fin de semana. Estas darán comezo o venres 17 coa Festa dos Callos, ao que seguirá un festival folk.

Este contará coas actuacións do grupo local Axóuxere, No Cómbaro e Os Trevillas, os dous das Pontes.

As persoas que desexen desfrutar dos callos deberán comprar os tíckets con antelación na directiva e no restaurante Ares. O mércores 15 é o último día.

A festa continuará o sábado cunha sesión vermú a cargo de Antha, a partir das 14.00 horas, e a verbena na que repetirá actuación xunto á orquestra M3.

O domingo haberá misa con procesión a partir das 13.30 horas e seguirán a sesión vermú de fin de festa con Boreal.

0.18083810806274