Roupar celebra as festas na honra a San Pedro Fiz con tres días de música e actividades

TerraChaXa
As celebracións comezarán o venres cunha festa infantil que contará con merenda gratuíta, e a tradicional degustación de Bola de Liscos, seguida dunha verbena amenizada polo Dúo Venus
festas-roupar-xermade
20 Aug 2026

A parroquia de Roupar, no concello de Xermade, celebrará esta fin de semana as festas na honra a San Pedro Fiz, cun programa que combina actividades para todas as idades, tradición e varias xornadas de música e verbena.

As celebracións comezarán o venres 21 de agosto, a partir das 19.00 horas, cunha festa infantil que contará con merenda gratuíta para os nenos. Ás 21.30 horas terá lugar a tradicional degustación de Bola de Liscos, seguida dunha verbena amenizada polo Dúo Venus.

O sábado, a programación comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne e posterior procesión acompañada polo Grupo de Gaitas Axóuxere. A continuación, haberá sesión vermú co Grupo Montreal. Pola noite, a partir das 23.00 horas, a verbena contará coas actuacións de Montreal e Tania Veiras e os Cumbiapop.

As festas continuarán o domingo 23 cunha nova misa solemne ás 13.00 horas e unha procesión acompañada polo grupo de música tradicional Mestura de Mete. A xornada festiva continuará cunha sesión vermú longa a cargo do Dúo Boreal.

0.13645887374878