Roupar rende unha homenaxe á súa veciña Julia Pico
A localidade xermadesa de Roupar renderá o día 7 de setembro unha homenaxe á súa veciña centenaria Julia Pico, no seu 102 aniversario.
A sesión dará comezo cunha misa solemne cunha procesión que estará acompañada do grupo de gaiteiros Axóuxere á que seguirá a sesión vermú do Trío CQC.
O acto central será un xantar a cargo de catering Espectáculos Miguel. Haberá callos, carrilleiras e sobremesa, ademais de pan, bebida, café e licores. O xantar ten un prezo de 25 euros para adultos e 15 para nenos maiores de 5 anos. Para reservar hai que chamar aos teléfonos 697 728 957 e 678 343 030.
Pola tarde haberá música de novo co mesmo trío e tamén co DJ Puzzle Animación.
Para os nenos está previsto que haxa inchables e xogos e para os maiores sorteo de agasallos doados pola tenda NG Gourmet e a botica de Roupar.