Suspendida en Roupar a homenaxe á veciña Julia Pico
A localidade xermadesa de Roupar tivo que aprazar a homenaxe á súa veciña Julia Pico prevista para este sábado debido ás previsións meteorolóxicas.
Segundo indicou a organización, en cando se atope unha data propicia volverá programarse.
Programa
A sesión dará comezo ás 13.00 horas cunha misa solemne, á que seguirá a sesión vermú do Trío CQC.
O acto central será un xantar a cargo de catering Espectáculos Miguel. Haberá callos, carrilleiras e sobremesa, ademais de pan, bebida, café e chupito. O xantar ten un prezo de 25 euros para adultos e 15 para nenos maiores de 5 anos.
Pola tarde haberá música de novo co mesmo trío e tamén co Discomóvil Eventec.
Para os nenos está previsto que haxa inchables e xogos e para os maiores sorteo de agasallos doados pola tenda NG Gourmet e a botica de Roupar.