Saavedra celebra este venres o día grande da Romería dos Milagres e comezan as festas

TerraChaXa
As cerimonias relixiosas serán cada hora dende as 7.00 e, pola noite, comezan as festas
festas-saavedra
Carteis
23 Maio 2024

A tradicional Romería dos Milagres de Saavedra, en Begonte, repite o seu tradicional programa coa celebración das festas e o día principal da semana relixiosa, que será este venres 24.

Para a parroquia begontesa de Saavedra trátase da festa máis importante do ano coa celebración da festividade en honra á virxe dos Milagros, que reúne cada ano no santuario da localidade a centos de devotos, que aproveitan a data para facer unha andaina ata a igrexa.

As celebracións relixiosas comezaron o día 19, domingo, con misas ás 11:30h, 11:30 e 12:30h e pola tarde a novena, ás 20.00 horas.

O día propio dos Milagres, o venres 24, as cerimonias relixiosas serán cada hora dende as 7.00 ás 13.00 horas pola mañá e de 17.00 a 20.00 pola tarde. Para o sábado 25, volverán os oficios ás 12.30, 13.30 e 20.30 horas para rematar o domingo con outras tres misas, todas de mañá, ás 11.30 horas, 12.30 e 13.30 horas.

E xunto coa Romería volven tamén as festas patronais, que terán como primeiro día de celebración o vernes 24 coa actuación de Manhattan en sesión vermú e verbena, esta última xunto a Cinema.

Xa a fin de semana continúa a programación coa participación co grupo Punto Clave en sesión vermú e Saudade e repetición de Punto Clave pola noite.

O domingo rematará o programa con grupo La Hora Bruja en sesión vermú.

A organización lembra que haberá servizo de comida no campo da festa ademais dos tradicionais postos gastronómicos e que tamén haberá venda de candeas para os oficios relixiosos.

0.18354606628418