Saavedra prepárase para a Romería e as Festas dos Milagres

As tradicionais celebracións dos Milagres de Saavedra, en Begonte, repite o seu programa coa celebración das festas e o horario de misas, que se iniciarán a partir do xoves 14 coa novena á Virxe, que finalizará o venres 22, con rezos ás 19.00 horas da tarde e misa.
Para a parroquia begontesa de Saavedra trátase da festa máis importante do ano coa celebración da festividade en honra á Virxe dos Milagres, que reúne cada ano no santuario da localidade a centos de devotos, que aproveitan a data para facer unha andaina ata a igrexa.
As principais celebracións relixiosas comezarán o sábado, día 23, con misas ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas e pola tarde a novena, ás 19.00.
O día propio dos Milagres, o domingo 24, as cerimonias relixiosas serán cada hora dende as 7.00 ás 13.00 horas pola mañá e de 17.00 a 20.00 pola tarde. A eucaristía das 13.00 estará dirixida polo bispo de Mondoñedo, Fernando García Cadiñanos.
E xunto coa Romería volven tamén as festas patronais, que terán como primeiro día de celebración o venres 22 cunha verbena a cargo de Los Satélites e DJ Patakiña. O sábado 23 continuarán coa actuación de Punto Clave en sesión vermú e verbena, esta última xunto a Escaparate.
O domingo rematará o programa de novo coa orquestra Escaparate en sesión vermú.
A organización lembra que haberá servizo de comida no campo da festa, que estará cuberto con carpa, ademais dos tradicionais postos gastronómicos e que tamén haberá venda de candeas para os oficios relixiosos.