Saldanxe está de festa este sábado e presenta nova asociación

TerraChaXa
Amenizará a xornada o dúo José Anido e Pedro Banderas
festas-e-presentacion-amuraxe-de-saldanxe
Carteis
2 Ago 2024

A localidade de Saldanxe, na Pastoriza, celebra as súas festas na honra a San Isidro e San Miguel.

Comezarán este sábado, 3 de agosto, con misa solemne e procesión  ás 14.00 horas para seguir coa sesión vermú a cargo do dúo José Anido e Pedro Banderas, que tamén se ocupará da verbena xunto a outro dúo, Belinda.

Durante a xornada tamén terá lugar a presentación do novo colectivo veciñal Amuruxe. Esta terá lugar ás 21.00 horas, na escola da localidade. A entrada será gratis para os socios e, no caso de traer acompañante, terá que pagar un prezo de 5 euros.

Haberá pinchos, gaitas e algunha sorpresa para amenizar a velada. Na sesión tamén se dará o premio do primeiro concurso de fotografía organizado pola entidade.

Ademais, o próximo sábado terá lugar unha cea veciñal, ás 22.00 horas, que estará amenizado polo dúo Ángel América. Haberá tamén unha gran queimada baixo carpa.

0.0707688331604