Saldanxe, na Pastoriza, acolle este mes un curso do SLG sobre conservación de alimentos
TerraChaXa
Impartirase os días 19, 20, 26 e 27 de outubro, de 9.30 a 14.30 horas

Cartel
5 Oct 2024
A parroquia de Saldanxe, na Pastoriza, acollerá este mes un curso de transformación e conservación de alimentos, organizado polo Sindicato Labrego Galego en colaboración coa asociación Amuruxe e financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Este terá lugar os días 19, 20, 26 e 27 de outubro, de 9.30 a 14.30 horas no lugar A Torre, numero 2.
Está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas e estará a cargo de Luz Ribeiregas.
As persoas que desexen participar poden notarse en lugo@sindicatolabrego.gal ou no teléfono 982 231 154.