Sambreixo e Santa Mariña celebran as súas festas esta fin de semana en Guitiriz

TerraChaXa
Na primeira, a programación comezará a partir das 21.00 horas, cunha gran verbena amenizada por Fusión Latina
Fogos artificiais
2 Oct 2026

As parroquias de Sambreixo e Santa Mariña, en Guitiriz, preparan para esta fin de semana os seus respectivos programas festivos, con música, actos relixiosos e sesións vermú.

En Sambreixo, as festas patronais na honra de San Remixio desenvolveranse desde hoxe, venres. A programación comezará a partir das 21.00 horas, cunha gran verbena amenizada por Fusión Latina. Durante a noite tamén haberá liscos, choripán, raxo e pan de balde, segundo recolle o programa.

O sábado 3 celebrarase ás 13.00 horas a misa e procesión, seguida dunha sesión vermú coa orquestra Caramelo. Pola noite terá lugar unha nova verbena, na que participarán o Dúo Caramelo, o grupo Recuerdos, con José Antonio Alvar e Noelia Fonte, e a orquestra Horizon.

As celebracións rematarán o domingo 4 cunha misa ás 13.30 horas e unha gran sesión vermú a cargo de Ardores. A organización anuncia tamén inchables e lanchas gratuítas durante as tres xornadas.

Na parroquia de Santa Mariña de Guitiriz tamén haberá actividade festiva durante a fin de semana. O sábado 3 de outubro está prevista unha noite amenizada por disco móbil, mentres que o domingo 4 terá lugar ás 13.00 horas a misa solemne, seguida da sesión vermú con La hora bruja.

 

0.15083384513855