San Andrés de Ferreiros, en Pol, está de festa a fin de semana

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Haberá colchonetas gratis para os nenos e campo cuberto con carpa
festas-san-andres-de-ferreiros
2 Jul 2026

A localidade polense de San Andrés de Ferreiros, en Gomesende, celebra a fin de semana as súas festas patronais na honra de Santa Isabel.

As celebracións darán comezo ás 13.30 horas do sábado coa tradicional misa solemne, seguida de procesión e a sesión vermú, que estará a cargo do dúo Eclipse, que tamén se ocupará da verbena con disco móbil, Alejandro Martínez e DJ Bombardero.

O domingo continuarán as celebracións comezando coa misa ás 14.00 horas e tamén procesión xunto á vermú, na que actúa o grupo Alba. Deste modo daranse por concluídas as festas.

Haberá colchonetas gratis para os nenos e campo cuberto con carpa.

0.12207698822021