San Martiño de Condes celebra esta fin de semana as súas festas na honra ao Sagrado Corazón

A parroquia de San Martiño de Condes, no concello de Friol, celebrará esta fin de semana as súas tradicionais festas na honra ao Sagrado Corazón cun programa que combina actos relixiosos e música durante tres intensas xornadas festivas.
As celebracións darán comezo o venres 12 de xuño cunha gran verbena a partir das 21.30 horas, que estará amenizada pola orquestra Los Españoles e polo DJ Mun.
O sábado 13 terá lugar unha misa solemne ás 13.00 horas. A continuación celebrarase a sesión vermú co grupo Atenas. Pola noite, a festa continuará cunha verbena na que actuarán o propio grupo Atenas e a orquestra Finisterre.
O programa concluirá o domingo 14 cunha misa solemne ás 13.00 horas e unha sesión vermú a cargo da orquestra Tania Veiras y Los Cumbiapop, encargada tamén de poñer o broche final ás festas.
A organización destaca que o recinto contará con campo cuberto e carpa para garantir o desenvolvemento das actividades independentemente das condicións meteorolóxicas.
San Martiño de Condes volverá así converterse nun punto de encontro para veciños, familiares e visitantes nunha das citas festivas máis destacadas do calendario parroquial de Friol.