San Martiño de Pino celebra este sábado a Festa Pre-Fin de Ano
TerraChaXa
O evento incluirá pinchos, música a cargo dun DJ e unha celebración especial ás 24:00 horas coas tradicionais badaladas
24 Dec 2024
A Asociación Cultural de San Martiño de Pino organiza a súa tradicional Festa Pre-Fin de Ano o vindeiro sábado 28 de decembro, a partir das 22:00 horas, no Local Social Escola de Pino.
O evento incluirá pinchos, música a cargo dun DJ e unha celebración especial ás 24:00 horas coas tradicionais badaladas acompañadas de uvas e cava. Para rematar a noite, os asistentes poderán desfrutar dunha chocolatada.
As entradas teñen un custo de 3 euros para socios e 6 euros para non socios, e é preciso reservar praza mediante pago previo antes do 22 de decembro.